PROTOCOLO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS

Lémbrase que, en caso de accidentes deportivos que requiran de atención médica, ben sexa nos adestramentos ou durante as competicións, o PROTOCOLO DE ACTUACIÓN deberá ser o seguinte.

É MOI IMPORTANTE o seguimento estricto destas pautas pois, en caso contario, non quedará cuberta polo seguro a atención médica recibida e deberá correr cos gastos sanitarios ocasionados o/a afectado/a.

[Actualizado a 17 de abril de 2024]

En caso de URXENCIA VITAL, acudir ao centro médico máis próximo e comunicarllo inmediatamente a calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento), para que tramiten a documentación necesaria coa aseguradora e/ou informe do protocolo de actuación en cada caso.

En caso de NON URXENCIA VITAL, poñerse en contacto inmediato con calquera dos responsables do Club (monitores/as da Escola, adestradores ou persoas a cargo nese momento) ANTES de acudir a ningún centro médico. O Club contactará coa aseguradora e/ou trasladará as instrucións necesarias para recibir a atención médica que proceda, segundo cada caso. POR FAVOR, SEGUIDE ESTRICTAMENTE AS INSTRUCIÓNS DO PROTOCOLO

 

  • ATLETAS ATA OS 16 ANOS (incluído)

Compañía aseguradora: SURNE. Responsable: XOGADE. 

PROTOCOLO → aquí. RESUMO → aquí.

Pasos a seguir:

  1. Contactar coa aseguradora no 881 850 087 para comunicar o accidente e seguir os pasos que se indiquen. Acudir ao centro médico facilitado pola aseguradora para recibir a atención.
  2. Será necesario o Identificador XOGADE (son as iniciais do nome completo seguido da data de nacemento, no formato do exemplo ficticio: María Fernández López 04/03/2012 sería MFL040312)
  3. Comunicar ao Club o número de expediente para que certifique o accidente na plataforma o antes posible.

 

  • ATLETAS A PARTIR DOS 16 ANOS 

Compañía aseguradora: ALLIANZ. Responsable: Federación Galega de Atletismo (FGA). 

PROTOCOLO → aquí. PARTE DE ACCIDENTES → aquí.

Pasos a seguir:

  1. Contactar coa aseguradora no 900 404 444 para comunicar o accidente e seguir os pasos que se indiquen. Acudir ao centro médico facilitado pola aseguradora para recibir a atención.
  2. Cubrir o parte de accidentes (dispoñible aquí) e envialo a secretaria@atletismo.gal para que o asine a Federación. Reenviar o parte asinado á aseguradora.
  3. Notificar ao Club o accidente e o seu seguimento.

 


Tempada 2024