Información – Escola

QUEN SOMOS?

Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo de Lugo e dos máis antigos de Galicia, con 40 anos de experiencia, do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio na nosa localidade.

Na actualidade, participamos activamente na formación técnico-deportiva e en valores desde a idade escolar, cun equipo composto por adestradores, mestres especializados en Educación Física e atletas destacados no ámbito do atletismo vinculados ao Club.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global, como actividade única ou complementaria a outros deportes.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables e a súa incorporación na vida adulta.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo, coa práctica colectiva e o sentimento de equipo.
  • Adáptase ás características individuais e persoais, polo que todos os nenos e nenas teñen cabida.

 

OBXECTIVOS PRINCIPAIS

  • Educar e formar aos máis cativos a través do atletismo.
  • Adquirir as habilidades psicomotrices xerais de base.
  • Aprender as técnicas básicas do atletismo para conseguir un rendemento óptimo.
  • Coñecer e practicar as distintas especialidades do atletismo.
  • Participar en competicións (escolares e federadas, campo a través, pista curta e aire libre) para consolidar o aprendido dun xeito significativo.

 

TEMPADA 2024/2025

ATLETAS

Dos 5 aos 12 anos (nenos/as do 2019 a 2012), cumpridos o ano natural en que comeza a tempada.

 

DURACIÓN

Comeza o martes 17 de setembro de 2024 e remata o venres 20 de xuño de 2025, incluídos*.

*Os días festivos, vacacións escolares e días non lectivos, non hai adestramentos.

 

GRUPOS

Organízanse por categorías, en función da idade dos/as atletas.

  • Categoría SUB8 (antiga prebenxamín): atletas do 2019 e 2018.
  • Categoría SUB10 (antiga benxamín): 2017 e 2016.
  • Categoría SUB12 (antiga alevín): 2015 e 2014.
  • Categoría SUB14 (antiga infantil): 2013 e 2012.

 

HORARIOS E LUGAR 

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:

  • Categorías SUB8 e SUB10 (escoller ata 3 días/semana):
    • De martes a venres de 17:00 a 18:00 horas.
  • Categoría SUB12 (escoller ata 3 días/semana):
    • De martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.
  • Categoría SUB14 (ata 4 días/semana):
    • De martes a venres de 18:00 a 19:30 horas.

 

GRUPOS DE ADESTRAMENTO – TEMPADA 2024/2025
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00h SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

18:00-19:30h SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

*As categorías SUB8, SUB10 e SUB12 deben escoller ata 3 días/semana e indicalo no formulario de inscrición online. En caso de non indicar días, asignarase o grupo con menor número de atletas nese momento.

Será necesario un mínimo de 10 atletas para formar grupo. 

Se tes problemas para visualizar correctamente a táboa, proba a xirar a pantalla en horizontal ou accede directamente desde aquí.

 

LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS

As familias poderán acceder á instalación pola entrada principal e agardarán a que os/as monitores/as recollan aos atletas para entrar nas pistas ou no módulo cuberto (por favor, evitade bloquear as zonas de entrada e saída para os demais usuarios da instalación). Os días de choiva, poden agardar nas zonas cubertas ou nas gradas habilitadas. Non está permitido o paso das familias á zona de adestramento, pero si poderán acceder á zona das gradas da instalación deportiva.

 

COTAS DA ESCOLA

A cota por tempada inclúe matrícula anual (coa tramitación da licenza federativa e seguro deportivo) e adestramentos mensuais (de outubro a xuño, incluídos), con descontos especiais para familias. O mes de setembro está incluído no importe da matrícula para os/as atletas inscritos/as, e é gratuíto para os que participan na xornada de portas abertas (ata o 27 de setembro de 2024).

Cota estándar 
  • Matrícula: 50€ 
  • Adestramentos: 30€/mes
  • Un día á semana: 20€/mes  [!] Novidade 
Cota especial (2 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (50€/atleta)
  • Adestramentos: 50€/mes (-5€/mes por atleta)
  • Un día á semana: 35€/mes (-5€/mes)  [!] Novidade 
Cota especial (3 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (unha matrícula gratis)
  • Adestramentos: 60€/mes (-10€/mes por atleta)
  • Un día á semana: 40€/mes (-10€/mes por atleta)  [!] Novidade 

QUE ESTÁ INCLUÍDO?

» Licenza federativa da Tempada 2024 (último cuadrimestre nas novas altas) e a Tempada 2025.

» Cobertura do seguro deportivo de accidentes en adestramentos e competicións.

» Inscricións en competicións federadas nas que participe a Escola de Atletismo.

» Desprazamento (e comida, segundo dispoñibilidade) en competicións por equipos nas que participe a Escola de Atletismo.

» Acompañamento de persoal do Club en competicións federadas individuais e por equipos.

» Acceso ao material do Club e instalación deportiva.

 

NON ESTÁ INCLUÍDO:

× Equipamento obrigatorio para os adestramentos e actividades da Escola (camiseta e suadoiro).

× Equipamento oficial de competición do Club (dispoñible baixo préstamo).

 

COMO SE REALIZA O PAGO?

O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta e prográmase desde o Club. O primeiro mes abónase a matrícula e a cota de adestramentos, os seguintes meses cárgase automaticamente a cota de adestramentos (inicio do mes). Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online.

As novas altas que se realicen durante a tempada deberán abonar o importe da matrícula no mes de proba, os seguintes meses cargarase automaticamente a cota de adestramentos (inicio do mes) que corresponda. Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online. 

 

INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA

Para formalizar a inscrición na nosa Escola de Atletismo, só tes que cubrir o formulario online «Inscrición» dispoñible aquí ou na imaxe posterior, con carácter previo á asistencia. Se é a primeira vez ou prefires probar sen compromiso antes de inscribirte, podes cubrir o impreso de proba gratuíta dispoñible aquí ou na imaxe «Coñécenos», que deberás enviar por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou entregar de xeito presencial o primeiro día de adestramento.

Por cuestións de seguridade e responsabilidade, non se admitirá a participación de atletas que non presenten calquera dos impresos previamente.

Alta / Renovación

 

Proba gratuíta

 

[?] Se non lembras ou non tes contrasinal de acceso a Cluber, podes consultar o TITORIAL PARA CREAR CONTRASINAL aquí.

 

EQUIPAMENTO DA ESCOLA

Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo (camiseta + suadoiro) para acudir aos adestramentos, competicións e calquera outra actividade vinculada ao Club. Podes visitar a oficina do Club en horario de atención para comprar e probar as tallas, ou reservalo previamente online, no seguinte enlace.

Equipamento deportivo

 

PACK CAMISETA + SUADOIRO (28€) -2€ desconto*
* Por separado: camiseta (9€) e suadoiro (21€).

 

Para mercar material adicional (chándal, mochila, anorak, chuvasqueiro, saco, etc.) podes consultar os prezos na oficina de Club ou en calquera momento por correo electrónico ou WhatsApp.

Nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir para os/as atletas en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da tempada da Escola de Atletismo.

 

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de cambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). 

IMPORTANTE: Recoméndase traer sempre unha mochila con roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como unha botella de auga individual para hidratarse durante a actividade.

 

CONTACTO

Se tes algunha dúbida ou consulta, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (a partir de setembro, dispoñible aquí).

 

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!