Información – Club

QUEN SOMOS?

CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo da provincia de Lugo e dos máis antigos de Galicia, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de atletismo na capital lucense. Vimos de cumprir 40 anos de experiencia cun equipo do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio, e que actualmente continúa a labor de formación e especialización achegando o deporte na nosa localidade.

 

POR QUE ATLETISMO?

  • É unha combinación de modalidades (correr, saltar e lanzar) que permite unha iniciación deportiva global, como actividade única ou complementaria a outros deportes.
  • Fomenta a creación de hábitos de vida saudables e o seu mantemento na vida adulta.
  • Aporta a riqueza dun deporte individual, como é o atletismo, coa práctica colectiva e o sentimento de equipo.
  • Permite a adaptación ás características individuais e persoais, polo que practicamente todas as persoas poden practicalo.

 

TEMPADA 2024 (1 xaneiro a 31 decembro 2024)

ATLETAS

Desde a categoría SUB16 ata MÁSTER

  • Categoría SUB16 (antiga cadete): atletas do 2010 e 2009.
  • Categoría SUB18 (antiga xuvenil): 2008 e 2007.
  • Categoría SUB20 (antiga xunior): 2006 e 2005.
  • Categoría SUB23 (antiga promesa): 2004, 2003 e 2002.
  • Categoría SENIOR: 2001 e anteriores ata os 34 anos.
  • Categoría MÁSTER (antiga veterán): desde o día en que se cumpren os 35 anos.

 

GRUPOS

O noso Club dispón dos seguintes grupos e adestradores para atender ás distintas especialidades do atletismo, organizados por sectores ou probas.

  • Grupo de probas combinadas: Pablo Modia, Iván Rey e Xavier Esteban.
    • Adestramentos de luns a venres de 19:00 a 20:30/21:00 horas.
  • Grupo de medio fondo e fondo: Esteban Iglesia.
    • Adestramentos de luns a xoves de 19:30 a 21:00 horas e sábados pola mañá (previo aviso).
  • Grupo de valados: Pablo Gandoy López.
  • Grupo de saltos (altura): Germán Alonso Barreiro.
    • Adestramentos, polo xeral, os luns en horario de tarde (pode variar).
  • Grupo de saltos (pértega): Rubén Arroxo Fernández.
  • Grupo de lanzamentos: Eustorgio Martín Teijeiro.
    • Adestramentos, polo xeral, de luns a venres en horario de tarde e sábados pola mañá (pode variar).

 

HORARIOS E LUGAR

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras) e nas inmediacións da instalación deportiva.

Os horarios varían en función de cada grupo (podes consultalos no apartado anterior «Grupos»). Polo xeral, adoitan ser de luns a venres en horario de tarde e/ou sábados en horario de mañá. Recoméndase consultar co adestrador responsable de cada grupo específico para obter máis información.

 

COTA ANUAL DO CLUB (1 xaneiro a 31 decembro 2024)

  • Cota estándar: 130€ | Posibilidade de pago en dous prazos: 80€ + 50€.
  • Cota especial para membros da mesma unidade familiar (nai, pai, fillos/as): 
    • Cota 2 atletas: 235€ (-25€) | Pago en dous prazos: 145€ + 90€. | Pago en tres prazos: 120€ + 70€ + 45€.
    • Cota 3 atletas: 315€ (-75€) | Pago en dous prazos: 195€ + 120€. | Pago en tres prazos: 160€ + 90€ + 65€.
    • Cota 4 atletas: 390€ (un atleta gratis) | Pago en dous prazos: 240€ + 150€. | Pago en tres prazos: 200€ + 120€ + 70€.

 

COMO SE REALIZA O PAGO?

O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta e prográmase desde o Club. O primeiro pago abónase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club. En caso de pago fraccionado, o primeiro prazo abónase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club, o segundo e/ou terceiro prazo cárgase automaticamente no método de pago seleccionado no mes ou meses seguintes (pago en dous ou tres prazos). Exemplo: para un pago en tres prazos, o primeiro cargo realízase en novembro; o segundo, en decembro e o terceiro e último, en xaneiro.

NOTA: estarán exentos/as de pago da cota anual do Club os/as atletas con dereitos de formación ou que quedasen entre os dez primeiros postos do ránking nacional na tempada anterior (2023); a excepción da categoría Máster. 

 

Para efectuar o pago da cota anual, están dispoñibles as seguintes opcións:

  • Pago programado online: con tarxeta nun único pago ou fraccionado en ata tres prazos, que se cargarán nos 3/4 días seguintes na conta asociada á tarxeta. Neste caso, tedes que seleccionar a opción «Tarxeta» en «Datos de pago» ao facer a inscrición na plataforma Cluber.
  • Pago directo online: con tarxeta ou Bizum nun único pago directamente desde ➤ aquí. Neste caso, xa non se programará ningún pago desde Cluber.
  • Pago presencial: en efectivo ou con tarxeta nun único pago. Neste caso, terás que achegarte ata a oficina do Club en horario de atención (podes consultalo aquí) e tramitar alí a inscrición e o pago da cota.

 

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) e unha camiseta técnica de adestramento para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).

Equipamento deportivo

 

COTA REDUCIDA [ ! ] ÚLTIMO CUADRIMESTRE de 2024

Para as persoas que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor (de setembro a decembro de 2024), existe unha cota reducida que permite adestrar baixo a cobertura do seguro deportivo e competir os últimos meses do ano. En función das distintas categorías, o importe é o seguinte:

CATEGORÍAS COTA REDUCIDA CLUB
  • Atletas do ano 2011 *
  • Categoría SUB16 (2010-2009) 
  • Categoría SUB18 (2008-2007)
  • Categoría SUB20 (2006-2005)
35€
  • Categoría SUB23 (2004-2002)
  • Categoría SENIOR (2001-1990)
  • Categoría MÁSTER (35+ anos)
50€
* Os atletas do ano 2011 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor, terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización, sempre que non teñan licenza federativa por outro Club de atletismo a presente tempada (2024). 
Tempada 2024

 

QUE INCLÚE A COTA REDUCIDA?

» Licenza federativa autonómica (de setembro a decembro de 2024).

» Cobertura do seguro deportivo de accidentes en adestramentos e competicións.

» Camiseta técnica de adestramento do Club.

» Inscricións en competicións autonómicas federadas.

» Acceso ao material dispoñible do Club e instalación deportiva.

 

NON ESTÁ INCLUÍDO:

× Chándal oficial e equipación de competir do Club.

 

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).

Equipamento deportivo

 

ALTA E RENOVACIÓN DE ATLETAS 

A alta ou renovación de atletas realizarase a través da plataforma CLUBER, cubrindo o formulario «Inscrición» desde ➤ aquí ou na imaxe posterior, así como o pago da cota anual, que se cargará automaticamente no método de pago seleccionado.

Tempada 2024

 

 

En caso de atletas que procedan do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición (ou enviar ao correo electrónico atletismolucus@yahoo.es) a seguinte documentación:

  • Tarxeta de residente.
  • Certificado de empadroamento.

 

IMPORTANTE: o prazo ordinario de renovación das licenzas para a TEMPADA 2024 será ata o 15 de decembro de 2023. Fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que poida aplicar a Federación correspondente.

 

RECOMENDACIÓNS

Recoméndase acudir sempre ás pistas con calzado deportivo de cambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). Tamén é recomendable levar sempre na mochila roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como auga para hidratarse durante a actividade.

 

CONTACTO

Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico atletismolucus@yahoo.es, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (a partir de setembro, dispoñible aquí).

 

ESTAMOS DESEXANDO COÑECERTE!!