Calendario Escola – Tempada 2024/25
Nesta páxina atoparás o calendario da actividade da Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega cos días de adestramentos, os festivos e os períodos vacacionais ao longo da tempada; segundo o calendario escolar galego para o curso 2024/25. Tamén poderás consultar o calendario coas probas máis destacadas nas que adoitamos participar en Pista Curta/Cuberta (PC) e pista ao Aire Libre (AL), coas datas provisionais nas que teñen lugar. Ao final do documento detállase o PROTOCOLO de actuación en caso de ACCIDENTE DEPORTIVO, de obrigado coñecemento e cumprimento para as familias, por favor revisádeo e consultádenos calquera dúbida que poidades ter.
NOTA: o calendario de probas pode sufrir modificacións durante a tempada. Recomendámosche revisar con frecuencia os documentos por se houbera cambios. Se atopas algún erro ou tes dúbidas, podes contactar con nós desde aquí.
! Actualizado a 28/10/24
INSCRICIÓN DOS/AS ATLETAS
Co obxectivo de animar ao maior número de atletas a participar nas probas que teñen lugar durante a tempada (entendidas sempre como unha actividade complementaria á planificación anual da Escola de Atletismo, que nos permite observar e evolución do traballo diario nos adestramentos e de afianzar o sentimento de equipo), todas e TODOS OS ATLETAS ESTARÁN INSCRITOS POR DEFECTO nas probas recollidas no documento. Os/as atletas que NON poidan acudir, deben COMUNICAR A BAIXA ou renuncia no prazo establecido a través de WhatsApp (664 321 302), e-mail (escolalucus@gmail.com) ou Cluber. Os avisos comunicados fóra dese prazo -ou as baixas non informadas– suporán unha sanción de 5€ por atleta que deberá ser abonada ao Club, salvo causa xustificada e comunicada por escrito antes do inicio da proba. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN – SEGURO DE ACCIDENTES DEPORTIVOS
Podes consultar aquí o protocolo de actuación en caso de accidente deportivo ou ampliar a información no enlace posterior.