TEO DE FRUTOS, TRIPLO BRONCE NOS NACIONAIS DE FONDO

Sen dúbida, 2023 está sendo unha tempada inolvidable para Teo de Frutos, o noso atleta de fondo que no seu primeiro ano na categoría SUB18 está conquistando os podios dos Campionatos de España, tanto de pista cuberta como de campo a través e ao aire libre.

©Héctor Montero Fotógrafo

A primeira vitoria foi no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 EN PISTA CUBERTA que tivo lugar o 11 de marzo na localidade de Salamanca. Nunha carreira de 3.000 metros na que non partía como principal favorito, conseguiu loitar ata o final e rematar nun tempo de 8:39.19 minutos, unha nova MMP coa que rebaixaba a anterior en máis de dez segundos e que lle outorgaba a medalla de bronce da proba. 

A seguinte fin de semana, convocado pola Selección Galega para completar o equipo SUB18 que tomaría parte no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS SUB16 E SUB18, desprazouse ata Pamplona para disputar os 6.000 metros do circuíto.

©Federación Galega Atletismo

O resultado foi un rexistro de 19:32 minutos que lle outorgaban unha dobre medalla de bronce, ao converterse no terceiro atleta nacional en cruzar a liña de meta e conseguir a terceira posición de España para o equipo galego. Unha medalla de bronce que compartiu coa compañeira de adestramento Estela Díaz, que completaba o equipo SUB18 feminino e subía tamén ao terceiro posto do podio por equipos. Pero iso non ía ser todo.

A última das súas conquistas foi o pasado 25 de marzo en Burjassot (Valencia), onde Teo competía nos 5.000 metros por primeira vez na categoría e lograba facerse de novo coa medalla de bronce do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FONDO EN PISTA, detendo o cronómetro nos 15:18.35 minutos.

Unha experiencia para lembrar, coa que pecha unha gran tempada de campo a través e pista cuberta e comeza con boas sensacións a pista ao aire libre.

©FGA. Equipos SUB18 da Selección Galega coas medallas de bronce na Campionato de España.
GRANDÍSIMA NORABOA, TEO, A SEGUIR TRABALLANDO!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *