CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO (17 e 18 febreiro, Valencia)
Gran data para o atletismo a nivel español a desta pasada fin de semana, coa celebración o sábado 17 e domingo 18 de febreiro do CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO disputado en Valencia.
Nesta ocasión, tivo a oportunidade de viaxar ata alí o noso atleta Miguel Pérez Vázquez, xunto co seu adestrador Pablo Gandoy, para tratar de batir a súa mellor marca persoal nunha intensa loita na proba dos 60 metros valados, acompañado das grandes figuras e referentes do atletismo nacional.
A súa actuación comezaba na xornada de mañá do sábado, onde se xogaría o posto nas eliminatorias para pasar ás semifinais e conseguir así o acceso á final dos 60m.v. Pese ao seu bo estado de forma e sensacións atopadas, dado o tremendo nivel de todos os participantes, non conseguiu meterse nas semifinais, quedando nas eliminatorias cunha marca de 8.40. Aínda así, grande noraboa a esta promesa do atletismo por ter formado parte desta cita, agardámolo na tempada de aire libre dando o mellor de si.