MEDIDAS PARA A PRÁCTICA DEPORTIVA ANTE A COVID-19
Nesta nova normalidade na que nos atopamos, logo de retomar timidamente os grupos de adestramento e a actividade deportiva, debemos ter presentes as medidas de prevención e hixiene necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, con especial atención ás últimas modificacións establecidas, para garantir a protección e saúde de todos/as nós.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN
- Todas e todos os cidadáns deberán cumprir o deber de cautela e protección ante a COVID-19, adoptando as medidas necesarias para evitar os riscos de propagación do virus, así como a propia exposición aos riscos.
- Deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, isto é:
- Manter a distancia de seguridade interpersoal establecida de, polo menos, 1’5 metros.
- O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se poida manter esta distancia de seguridade.
USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA
- Será obrigatorio para todas as persoas de 6 ou máis anos que se atopen na vía pública, en espazos abertos ou pechados de uso público, nos medios de transporte públicos ou privados; aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de metro e medio. Deberá colocarse adecuadamente, de xeito que cubra parte do tabique nasal ata o queixo, incluídos.
- Quedarán EXCLUÍDOS desta obrigatoriedade:
- As persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de diversidade funcional ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitala, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
- As persoas que practiquen actividade física e deportiva en instalacións, centros deportivos ou ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a concorrencia de persoas, poida garantirse unha distancia de seguridade interpersoal de 2 metros.
MEDIDAS DE HIXIENE E DESINFECCIÓN
Na entrada do local do Club, estará habilitada unha zona con produtos de hixiene e desinfección á vosa disposición, de obrigado cumprimento para garantir a protección e seguridade de todos/as nós.
- Deberá empregarse o xel hidroalcólico ou desinfectante con carácter previo e posterior á entrada no local do Club.
- Deberá utilizarse o desinfectante con carácter previo e posterior ao uso do material deportivo, especialmente o compartido durante os adestramentos.
- Tras a limpeza, os materiais empregados para a desinfección (por exemplo, guantes e papel) desbotaranse de xeito seguro na papeleira dispoñible.
MEDIDAS RELATIVAS AOS ADESTRAMENTOS
- A práctica de actividade física e deportiva (federada ou non), poderá realizarse de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente.
- Durante a práctica da actividade, deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1’5 metros.
- O uso da máscara será obrigatorio para atletas, monitores/as e adestradores/as durante o tempo de circulación nos espazos comúns da instalación, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.
- ! Soamente quedarán excluídas desta obrigatoriedade durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a concorrencia de persoas, poida garantirse unha distancia de seguridade interpersoal de 2 metros.
- Seguiranse todas aquelas indicacións adicionais que se especifiquen no protocolo da instalación e da federación deportiva galega.
USO DA INSTALACIÓN DEPORTIVA
- Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso compartido.
- As bolsas, mochilas ou efectos persoais só poderán deixarse nos espazos habilitados para tal fin.
- Os/as deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou semellantes.
- Antes de entrar e saír do espazo, deberán limparse as mans cos hidroxeles dispoñibles para o seu uso nos espazos habilitados.
PROTOCOLO PARA AS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS
No relativo ás competicións deportivas, seguiranse as indicacións recollidas no protocolo da Federación Galega de Atletismo, dispoñible ➤ aquí.
Información resumida de:
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
2 Comentarios
Xesús González
A distancia social dos 2 metros calculárona para dúas persoas que non se moven. A maior velocidade, a distancia de seguridade debe aumentar. Por exemplo, entre dous corredores debería haber 10 metros.
Fonte: http://www.urbanphysics.net/Social%20Distancing%20v20_White_Paper.pdf
Lucus Caixa Rural Galega
Boas Xesús,
agradecémosche o comentario e a información que nos aportas. Encántanos recibir suxerencias que nos axuden a mellorar e contribúan á aprendizaxe desta comunidade deportiva.
Un saúdo!