COMUNICADO OFICIAL COAS MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE O COVID-19
En cumprimento das recomendacións e medidas preventivas de urxencia aprobadas polas autoridades gobernamentais e sanitarias con respecto á transmisión do COVID-19, e logo das últimas medidas de aprazar e suspender as competicións deportivas adoptadas polas distintas Federacións Deportivas Galegas tras a reunión coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Xunta Directiva do CLUB DE ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, acorda:
- SUSPENDER TODOS OS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA DE ATLETISMO (CATEGORÍAS SUB8, SUB10, SUB12 E SUB14)
Desde o Club lamentamos as molestias que isto poida ocasionar ás familias e aseguramos que o obxectivo non é incrementar a alarma social, senón contribuír con medidas responsables e preventivas a superar do mellor xeito posible a situación sanitaria actual, garantindo a saúde de todos/as.
Informarase de calquera novidade a través dos medios de comunicación do Club.