AVISO COMPETICIÓNS 2021
AVISO PARA AS COMPETICIÓNS DA TEMPADA 2021
En vista dos cambios que se están a producir nos regulamentos das probas por parte da Federación Galega de Atletismo, con respecto ao incremento nos pagos por inscrición de atletas e o correspondente cargo á conta bancaria do Club, infórmase de que a partir do 1 de xaneiro de 2020 será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixan. Ata o momento, e nas últimas competicións, o Club estaba asumindo a totalidade do cobro por tratarse de ocasións puntuais pero, debido ao incremento sen previo aviso das últimas xornadas, vémonos obrigados a derivar este gasto aos propios e propias atletas.
O importe aparecerá indicado no nome da competición (na páxina de Inscricións do Club) e deberá aboarse para que se tramite a inscrición, para o cal xa está activada na web unha pasarela de pago.
! IMPORTANTE:
- Non se realizarán inscricións sen o abono previo do importe correspondente.
- Deberán aboar a inscrición todas e todos os atletas, tanto da Escola como do Club.
- Exclúense de pago os campionatos autonómicos e nacionais, ou os que así se especifiquen na páxina de inscricións do Club.
Sentimos as molestias e agardamos a vosa comprensión e colaboración,