CAMPIONATO DE GALICIA SUB14, SUB20 e SUB23 (sábado 22 xuño, Lugo)

Continúan as competicións autonómicas correspondentes ás distintas categorías e atletas, nesta ocasión con xornada dobre de mañá e de tarde para dar por rematada a tempada de aire libre ou conseguir as marcas mínimas necesarias para tomar parte nos relativos campionatos a nivel nacional.

A partir das 10:00 horas, disputarase o CAMPIONATO DE GALICIA SUB14 ao aire libre, onde os/as atletas maiores da Escola de Atletismo tratarán de amosar o traballado ao longo da tempada; moitos deles e delas, despedirán tamén a súa formación nesta categoría para voltar das vacacións como parte do Club, nunha nova e ilusionante etapa deportiva. Nos enlaces posteriores tedes toda a información relativa á competición, a lista de atletas admitidos/as e o regulamento; ademais do horario das probas.

HORARIO CATEGORÍA SUB14 (2006-2007)

IMPORTANTE! Lembrade as recomendacións habituais (levar o documento de identidade, imperdibles para colocar o dorsal, zapatillas de cravos e acudir polo menos 50 minutos antes da hora de cada proba para a preparación previa e a confirmación en cámara de chamadas).

MOITO ÉXITO!!

En canto á xornada vespertina, será a partir das 16:30 horas cando se inicie o CAMPIONATO DE GALICIA SUB20 e SUB23, onde as categorías previas á absoluta loitarán por conseguir os mellores postos e superar as súas marcas persoais, con vistas aos campionatos nacionais que virán nas próximas semanas.

Por parte das rapazas, Uxía Sureda participará nos lanzamentos de disco e xavelina, mentres que a súa compañeira de especialidade María Sonsoles Quiroga tomará parte no martelo. Adi Iglesias será a que protagonice a velocidade, coa súa participación nos 100 m.l.200 metros lisos e a fondista Laura Santos fará o seu no medio fondo, pois correrá os 1.500 m.l. Máis numerosa será a participación masculina, na que Santiago Rozas representará ao Club nas probas valadas (110 m.v. e 400 m.v.) e nos 100 metros lisos, nesta última proba acompañado por Miguel Borrego. No fondo e na marcha serán os atletas Xavier Rodríguez e Daniel Pérez os que disputen os 5.000 m.l., con Emilio Novás nos 5.000 metros marcha e Kevin Darriba nos 3.000 obstáculos. Raúl Rodríguez tomará parte na maioría dos lanzamentos, probando sorte no martelo, disco e no peso; mentres que Xavier Esteban tratará de vencerlle ao listón no salto de altura

Podedes consultar nos enlaces posteriores toda a información sobre o campionato, o horario definitivo, regulamento e os demais participantes en cada unha das probas. Xa están dispoñibles tamén os resultados en directo!

SORTE A TODOS/AS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *