CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE EN PORTOMARÍN (domingo 21 abril)

Este domingo 21 de abril terá lugar a quinta edición da CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE no concello de Portomarín, unha proba que reúne a atletas desde as categorías menores ata a absoluta nun ambiente do máis festivo. O LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, nomeado o ano pasado como un dos Cabaleiros da Orde Serenísima da Alquitara, invítavos a formar parte desta popular carreira que percorre 7 km nun circuíto único, pasando pola Igrexa de San Xoán, a Igrexa de San Pedro, o Monte do Cristo e bordeando as paisaxes do Río Miño.

Ademais de desfrutar da propia Festa da Augardente, onde podedes facer unha cata selecta dos mellores produtos locais, o Concello obsequiará cun agasallo especial a todos/as os/as atletas participantes na proba. Será a partir das 11.00 horas para as categorías menores e arredor das 12:30 h para a carreira absoluta. Tedes máis información no ➤ regulamento e na páxina web ➤ aquí.

ANIMÁDEVOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *