HABEMUS NOVA PRESIDENCIA NO CLUB!!

Tras o período electoral que tivo lugar no mes de marzo, e  presentada como única candidatura a de MANUEL IGNACIO CASTRO-GIL IGLESIAS, a Xunta Electoral proclamábao o pasado 22 de marzo como novo Presidente do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA por un mandato de catro anos.

A pasada semana, Manuel Ignacio Castro-Gil tomaba posesión do cargo como Presidente do Club, recibindo o testigo de traspaso de poderes da man da anterior Presidenta, Erika Arribas Rodríguez.

Unha nova incorporación que asume o cargo con entusiasmo e coa responsabilidade que iso conleva, para o cal solicita tamén o apoio de todos os adestradores e atletas do Club, co obxectivo común de seguir mantendo ao LUCUS CAIXA RURAL GALEGA como un referente do atletismo lucense e autonómico.

Desexámoslle a Lalo, así coñecido con agarimo nas pistas de atletismo, o maior dos éxitos neste reto que supón unha nova etapa no Club, así como agradecémoslle a Erika Arribas o seu traballo, esforzo e desempeño nestes últimos anos.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *