CAMPIONATO DE GALICIA – MILLA EN RUTA (domingo 7 abril, Santiago)
Coa tempada de campo a través e de pista cuberta rematadas, este domingo 7 de abril será o atletismo en ruta a modalidade que se disputará na Plaza de Galicia do concello coruñés de Santiago de Compostela, nun circuíto homologado que acollerá o CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA, ademais de carreiras populares para a categoría SUB8 ata máster.
A partir das 10 horas darán comezo as probas para as categorías menores e non será ata o mediodía cando teñan lugar as carreiras de competición, que acollen a atletas desde a SUB18 ata a absoluta. Por parte do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA tomarán parte nesta xornada Laura Santos, campioa na edición anterior e Carmen Novo, tamén destacada na categoría máster. Juan Gude e Emilio Gonta participarán nas carreiras máster, Kevin Darriba na categoría SUB20 e os atletas Rubén Darriba e Óscar López farán o seu na carreira SUB16.
Podedes consultar nos seguintes enlaces o regulamento do campionato e as listas de saída das distintas probas.
➤ Regulamento | ➤ Listas de saída |