FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS NACIONAIS (8-10 marzo)
Esta fin de semana preséntase intensa para as competicións a nivel nacional, na que terán lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER EN PISTA CUBERTA e o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS. Logo dos resultados acadados nos autonómicos de ambas especialidades, é agora o momento de amosar o esforzo realizado na tempada de pista cuberta e de campo a través no máis alto nivel, que abrirá a porta ás vindeiras competicións en pista ao aire libre.
O primeiro deles será o CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER EN PC, que dará comezo desde mañá venres 8 de marzo ata o domingo na Pista Cuberta de Ourense. Ata alí desprazaranse os nosos e as nosas atletas máis veteráns do club, un total de oito representantes lucenses para loitar polos títulos nacionais en cada unha das probas atléticas. Comezando pola categoría feminina, Emma Iglesias e Carmen Novo dobrarán participación nas probas de 800 e 1.500 metros lisos, mentres que Ros Sureda dará un paso máis na súa loita polo triplete en 200 m.l., salto de altura e lonxitude. Os homes intentarán dominar as probas de medio fondo e fondo nas distintas categorías máster, con Manuel Sánchez e Emilio Gontá nos 800 m.l. e 1.500 m.l.; Xabier Díaz tamén nos 1.500 m.l. e Juan Antonio Gude na proba dos 3.000 metros lisos; sen esquecer a José Luis Pernas, que se atreverá cos 60 m.l. e o salto de lonxitude.
Nos enlaces posteriores tedes máis información sobre as xornadas, ademais do horario modificado das probas.
Segue desde aquí os resultados en directo! | |
➤ Regulamento | ➤ Horario modificado |
En canto ao domingo 10 de marzo, o protagonismo estará no Complexo Deportivo El Cuartillo (Cáceres), coa celebración do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, no que as federacións autonómicas compoñen os seus equipos cos representantes máis destacados da modalidade para loitar polo título de campión nacional, ademais das clasificacións individuais desde a categoría SUB20 á absoluta. Pois ben, nesta ocasión serán tres os atletas do LUCUS que acompañarán á Selección Galega nas carreiras dos 10.000 metros, con Laura Santos para completar o equipo absoluto feminino mentres que, no masculino, correrán Esteban Iglesia e Juan Antonio Gude, tamén na categoría absoluta e pechando a xornada matinal de cross.
De novo, tedes abaixo máis información sobre o campionato, o seguimento dos resultados en directo e o enlace da retransmisión en vídeo o domingo.
Segue desde aquí os resultados en directo! | |
➤ Regulamento | ➤ Retransmisión en vídeo |