CAMPIONATO GALEGO CAMPO A TRAVÉS – XOGADE (sábado 16 febreiro, Ourense)

Logo das fases previas, por fin chegou a gran data galega de cross para os/as atletas da nosa Escola de Atletismo e categoría SUB16 do club, co CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS do vindeiro sábado 16 de febreiro, que será acollido no Complexo Deportivo de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense).

Tras superar as fases preparatoria, clasificatoria e o Campionato Provincial que tivo lugar a principios do mes, finalmente o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA contará con representación tamén neste último asalto, no que tanto os/as participantes individuais como os equipos teñen en xogo os títulos autonómicos desta modalidade deportiva. Na categoría SUB12, será o equipo das rapazas o que loite polos primeiros postos, tras dominar o Provincial no circuíto de Vilalba; mentres que na SUB14 serán Teo de Frutos e Estela Díaz, os individuais clasificados na carreira masculina e feminina da categoría. Rubén Darriba fará o seu nos case 5.000 metros da SUB16, acompañado polo equipo feminino, que repetirá a participación logo de proclamarse campión provincial.

Deixámosvos o circuíto e os horarios das carreiras segundo a categoría, que empezarán a partir das 11:30 horas coa SUB16 e rematarán sobre a hora de xantar, cos SUB12.

Circuíto no Complexo Deportivo de Monterrei, Ourense.

 

HORA CÁMARA CHAMADAS CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:30 11:10-11:20 SUB16/CAD MASC 5.000m 4x(A-B-C-D-E-A)
11:55 11:35-11:45 FEM 3.000m (A-B-E-A)-2x(A-B-C-D-E-A)
12:20 12:00-12:10 SUB14/INF MASC 2.500m 2x(A-B-C-D-E-A)
12:40 12:20-12:30 FEM 2.000m (A-B-E-A)-(A-B-C-D-E-A)
13:00 12:40-12:50 SUB12/ALEV MASC 2.000m (A-B-E-A)-(A-B-C-D-E-A)
13:20 13:00-13:10 FEM 1.500m 2x(A-B-E-A)

A saída será en autobús desde Lugo (ás 8:30 horas diante do Pavillón Casa do Deporte, na Avda. Infanta Elena), tomarán alí o xantar que proporciona a organización e voltarase ao remate da entrega de premios.

LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á VIAXE E A COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 10 minutos antes da hora de saída do autobús, co documento persoal de identidade. PRÉGASE PUNTUALIDADE.
  • En caso de non acudir por causa imprevista, avisar canto antes a calquera dos/as monitores/as responsables, así como se algún neno ou nena non viaxase no autobús en algún dos traxectos.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal asignado, ademais de zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta e sudadera).
  • Disfrutar moito da xornada, competir e divertirse en familia.
A DAR O MELLOR DE VÓS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *