CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER – CAMPO A TRAVÉS (domingo 10 febreiro, Fene)
A mañá do domingo acollerá o CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS, nunha competición autonómica que dará comezo a partir das 10:30 horas na localidade de Fene (Ferrol).
Na edición, que conta con máis de 300 atletas este ano, estarán en xogo os títulos autonómicos de cada categoría, tanto individual como por equipos.
Por parte do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, serán os destacados Ángel Rabade, Gerardo Raposo, Xabier Díaz, Emilio Gontá e Juan Gude os que disputarán as distintas carreiras na categoría masculina, debutando ás 11:15 h. Na feminina, será Carmen Novo a que percorra os case 5km de percorrido, como atleta do noso filial Club Verxel Nutrición Deportiva.
Por aquí vos deixamos o seguimento dos resultados en directo, ademais da lista de saída e o regulamento da proba.
➤ Regulamento | ➤ Horario e circuíto | ➤ Lista de inscricións |