COPA DE GALICIA DE CLUBS (domingo 13 xaneiro, Ourense)
Esta fin de semana inaugurarase a tempada de competicións deste ano 2019 coa COPA DE GALICIA DE CLUBS en pista cuberta, que servirá como introdución aos vindeiros campionatos galegos que se disputarán, nos que as distintas categorías loitan por conseguir os prezados títulos autonómicos. Será na pista cuberta Expourense o domingo 13 de xaneiro, en xornada única de mañá a partir das 10:30 horas.
Non vai faltar o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, cuxos equipos masculino e feminino foron seleccionados entre os oito mellores da Comunidade Autónoma para loitar por este triunfo galego, como ven sucedendo desde os últimos anos. Nos enlaces posteriores podedes coñecer o conxunto de atletas e as probas que fará cada un deles (NOTA: o horario é provisional, pode actualizarse nestes días).
➤ Regulamento |
En canto ao plan da viaxe, sairá un autobús desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera ás 7:45 horas e a volta terá lugar ao remate do xantar, que será alí nas pistas para todo o grupo. Lembrade levar o documento de identidade e a equipación do club.