BENVIDO 2019!!

Aínda nos estamos recuperando das «vacacións», logo das fins de semanas atléticas que vivimos durantes estas festas e xa nos estamos a preparar para as que nos quedan! Porque este novo ano abre a porta a importantes competicións a nivel autonómico e nacional, para os/as atletas do Club e da nosa Escola de Atletismo, que darán comezo xa desde a vindeira semana, entre as que destacan a COPA DE GALICIA DE CLUBS EN PISTA CUBERTA ou a FASE CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS, para as categorías menores.

Sabemos que nestes días pasados quedáronnos moitas novas importantes sen publicar, como as competicións que tiveron lugar e os resultados que destacaron (incluso récords sen mencionar), polo que asegurámosvos que ao longo destes días e vindeiras semanas volverémonos a poñer ao día para ofrecervos todo o relativo ao atletismo galego, protagonizado pola familia do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA.

Desexamos que esteades desfrutando destas boas festas e que voltedes a adestrar con máis enerxía, se cabe. E ás familias da Escola, aproveitade estes últimos días para descansar, que o próximo martes 8 de xaneiro retomamos os adestramentos!! Xa está actualizado o mes de xaneiro no ➤ calendario para que poidades consultar os eventos máis relevantes que terán lugar.

SAÚDOS E MOITOS ÉXITOS DEPORTIVOS NESTE 2019!!