RESULTADOS da II CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA LEYMA (2 decembro, Lugo)
Boas sensacións o pasado domingo 2 de decembro na II CARREIRA POPULAR CAMPUS TERRA LEYMA, que se disputaba nos arredores das facultades universitarias e nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, desde as 11:00 horas da mañá.
Esta iniciativa, mediante a cal o Servizo de Deportes da USC e o Campus Terra pretenden fomentar hábitos saudables no estudiantado e na sociedade, serve tamén para apoiar unha causa solidaria, pois unha porcentaxe das inscricións das persoas adultas dóase á Fundación Galega contra a Droga.
Ao longo da mañá, tiveron a oportunidade de participar desde as categorías menores e escolares, con representación da nosa Escola de Atletismo, ata a categoría absoluta, que pecharía a xornada nun percorrido de máis de 7km, no que Daniel Pérez Murado conseguiría rematar na segunda posición e cun tempo de 25:17, converténdose no subcampión da proba.
Non estaría lonxe Kevin Darriba Corral, cuxo rexistro de 26:33 manteríao nunha merecida cuarta posición; ao que seguiría José Manuel Traseira Meilán, expresidente do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, que detivo o cronómetro nos 34:46.
Preme na imaxe posterior para acceder aos resultados completos.