VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES – FASE CLASIFICATORIA (sábado 15 decembro, Ourense)
Quentando motores están os/as atletas da nosa Escola de Atletismo, logo da participación no cross o pasado domingo e coa vista xa posta na Fase Clasificatoria da VII LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, que se disputará o vindeiro sábado 15 de decembro en horario de mañá, xunto coa localidade ourensá, na Pista Cuberta de Ourense.
A participación será por equipos, nos que puntuarán todos os membros de cada categoría para cubrir as distintas probas, na loita por un obxectivo común como é a clasificación para a Fase Final, á que terán acceso os Clubs vencedores e os cinco con máis puntos das xornadas previas. As distintas probas que defenderán os/as atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA serán as seguintes, en cada un dos equipos feminino e masculino das categorías SUB10, SUB12 e SUB14.
SUB10/BENXAMÍN | SUB12/ALEVÍN | SUB14/INFANTIL |
50 m.l. | 60 m.l. | 60 m.l. |
500 m.l. | 500 m.l. | 500 m.l. |
1.000 m.l. | 1.000 m.l. | 1.000 m.l. |
60 m.v. | ||
Peso 1kg | Peso 2kg | Peso 3kg |
Lonxitude | Lonxitude | Lonxitude |
Altura | Altura | Altura |
Pértega | ||
Triplo salto | ||
Relevo 4×50 | Relevo 4×50 | Relevo 4×50 |
Consulta as participacións dos equipos e o horario das probas! |
A plan de viaxe será a seguinte: sairemos en autobús desde Lugo (ás 7:30 horas nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, onde adestran), comeremos alí en Ourense e voltaremos ao remate do xantar, tamén en autobús. Na subida ao transporte, deberedes abonar 5€/atleta, coma sempre, para o traslado e a comida. Para unha mellor organización e para garantir a puntualidade nas probas, ROGAMOS QUE ACUDADES 5/10 MINUTOS ANTES, pois a hora é a de saída do autobús.
Sen máis, agardamos as vosas participacións (se aínda non confirmastes a asistencia por calquera das vías dispoñibles, podedes facelo antes deste sábado 8 de decembro ás 22:00 horas) e animámosvos a formar parte desta xornada competitiva na que, ademais de traballar en equipos, terán a oportunidade de convivir como Club e pasar un día do máis emocionante. Deixamos nos seguintes enlaces máis información sobre a xornada e, calquera outra dúbida que teñades, encantaranos respondervos a través de escolalucus@gmail.com.
👉 Regulamento Fase Clasificatoria | 👉 Horario das probas |