AVISO IMPORTANTE – LICENZAS 2018/2019
Últimos días para tramitar as RENOVACIÓNS da licenza deportiva para a TEMPADA 2018/2019.
Se aínda non entregaches a ficha cuberta da renovación ou da alta, tes de prazo límite ata o 30 de outubro (fóra dese intervalo será responsabilidade do/a atleta aboar o recargo que aplique a Federación). Lembra que tes que achegar a seguinte documentación:
- Impreso a dobre cara da RENOVACIÓN/ALTA da licenza da FGA/RFEA, debidamente cuberto e asinado (descárgao ➤ aquí).
- Autorización do CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais pola Federación (➤ aquí).
- Resgardo do ingreso da cota anual do Club (90€).
- Unha fotografía tamaño carné.
- A tarxeta de residente e un certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).
Podes entregala de xeito presencial na nosa oficina, en horario de tarde, ou enviala a través do e-mail ao noso enderezo electrónico (atletismolucus@yahoo.es). Tes ata o martes, non te esquezas!!