CHARLA e ADESTRAMENTO con FERMÍN CACHO e ABEL ANTÓN!! (sábado 12 maio, Lugo)

Novas actividades co motivo da celebración da II MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO do vindeiro 13 de maio.

Desta vez será unha charla e terá lugar o SÁBADO 12 DE MAIO a cargo do padriño deste ano Fermín Cacho, campión olímpico en Barcelona 1992, ao que acompañará Abel Antón, excampión do mundo de Maratón, repetindo a experiencia do ano pasado, no Módulo de Atletismo das Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, a partir das 11:00 horas; coloquio ao que lle seguirá a realización dun pequeno adestramento dirixido polo propio Abel.

Se queredes participar, debedes confirmar a vosa asistencia no local do Club no día de mañá (venres 11 de maio) ou comunicalo ao correo electrónico da Escola (escolalucus@gmail.com), dentro do mesmo prazo.

ANIMÁDEVOS!