Aforro exclusivo con GABA ENERGÍA – Novo patrocinador do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA
AFORRA CADA MES NA FACTURA DA LUZ CON GABA ENERGÍA
No afán por minimizar no posible o gasto ás familias e de conseguir apoio para levar a cabo a actividade do Club, vimos de asinar un convenio de colaboración con GABA ENERGÍA, o novo socio patrocinador do CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, que se suma aos que nos veñen apoiando desde hai anos como o patrocinador principal Caixa Rural Galega, Monbus ou o Grupo Leite Río, entre outros.
QUE BENEFICIO SUPÓN PARA VÓS?
Un dobre beneficio. Por un lado, un aforro directo cada mes na factura da luz dos vosos fogares, oficinas ou negocios, aplicable a todas as persoas vinculadas ao Club e a todas aquelas que veñan da vosa parte. E, por outro, apoiar a actividade do Club ao que pertencedes, tan necesario para seguir garantindo un mellor servizo para vós, atletas e familias, e continuar achegando o atletismo na nosa localidade; que ao final é o único que nos move.
COMO PODEDES CONSEGUIR O AFORRO?
É tan sinxelo como enviarnos a vosa última factura da luz (se tedes varios puntos de luz, podedes enviar o último recibo de todos eles). Nós remitirémola a GABA ENERGÍA para que realicen unha proposta de aforro segundo as vosas necesidades, de carácter orientativo e sen compromiso, que recibiredes no e-mail de contacto. Se vos interesa a proposta, podedes confirmar o cambio a GABA ENERGÍA respondendo á mensaxe e eles encárganse do trámite. Se non vos interesa, quedades coa información e non tedes que facer nada máis.
Podemos asegurarvos que varios membros da directiva e do Club levamos máis dun ano nesta compañía e o aforro mensual é totalmente certo. GABA ENERGÍA destaca polos prezos tan competitivos que ofrecen e non ten permanencia, polo que podedes probar libremente e cancelar cando queirades, se xa non vos interesa.
INFORMACIÓN E CONTACTO
Se queres saber máis sobre GABA ENERGÍA, a corrente alternativa, visita a súa web desde aquí ou coñece o que poderías estar aforrando só por ser do Club, facendo clic na imaxe.
Para calquera dúbida que teñades, estamos á vosa disposición a través de Cluber, e-mail, WhatsApp (664 321 302) ou na oficina do Club, en horario de atención (martes e venres de 18:00 a 20:00 horas). Podes consultar a información de contacto aquí.