ÉXITO DO CLUB NOS LANZAMENTOS LONGOS

O sábado disputábase en Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS ABSOLUTO E SUB23, onde o Club participou cun total de 9 atletas que obtiveron excelentes resultados.

Oliver Vázquez venceu na xavelina superando en máis de 3 metros a anterior marca persoal, subindo ao podio como campión galego absoluto. Abel Belhaki repetía medalla de ouro na xavelina da categoría SUB23 e remataba no 4º posto absoluto de Galicia. No disco, conseguía a medalla de bronce SUB23 e o 6º posto galego absoluto. Mariña Diez converteuse na campioa galega SUB23 de lanzamento de disco e conseguiu o 4º posto absoluto na proba. E Raúl Rodríguez realizou un fantástico concurso no martelo, con mellor marca persoal, novo récord de Club e a medalla de bronce absoluta. Participou tamén no disco, quedando no 5º posto galego absoluto.

As medallas de chocolate foron para Uxía Sureda na xavelina e Faisal Dauda no disco, cunha boa actuación que os situaba no 4º posto a nivel galego. Tamén destacaron as actuacións de Dayanis Escorcia e Alba Anllo na xavelina, atletas SUB20 e SUB18 que remataron no 6º e 7º postos absolutos, respectivamente; e Sara Varela, que retomaba o lanzamento de martelo e quedaba entre as dez mellores a nivel autonómico.

PARABÉNS a todas e todos pola vosa actuación e a Eus, un dos adestradores de referencia nesta especialidade para os atletas do Club.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *