TRIUNFO NACIONAL COA SELECCIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS

Esta fin de semana disputáronse en Getafe os CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS por Federacións Autonómicas, con catro atletas do Club formando parte dos equipos que representaron a nosa Comunidade. Xuntos sumaron esforzos na loita por conseguir as mellores posicións, cuns resultados que non puideron ser mellores para rematar a tempada de campo a través.

Eva Rouco, na categoría SUB18 feminina, conseguía a medalla de ouro logo de converterse co equipo en CAMPIOAS DE ESPAÑA. Foi a terceira galega en cruzar a liña de meta e rematou entre as dez primeiras da proba.

Teo de Frutos, na mesma categoría SUB18, foi o segundo do equipo masculino en deter o cronómetro, sumándose ao podio tras finalizar a carreira SUBCAMPIÓNS DE ESPAÑA, coa merecida medalla de prata.

Carla Díaz non ía ser menos e tamén conseguía a medalla de prata co equipo SUB20 feminino, logo de rematar SUBCAMPIOAS DE ESPAÑA por equipos.

Xabier Rodríguez, na categoría absoluta e nunha carreira de altísimo nivel, lograba entrar na meta no 1º posto dos que integraban o equipo galego masculino.

Sen dúbida, grandes resultados e excelente representación dos equipos galegos.

© Fotografías: FGA, RFEA, Héctor Montero Fotógrafo

 

PARABÉNS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *