CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS SUB10/12/14 E MÁSTER
Excelentes resultados para o Club nas últimas carreiras de campo a través da tempada para as categorías SUB10/12/14 e Máster, que disputaron o seu Campionato de Galicia en A Rúa a pasada fin de semana.
Os primeiros en inaugurar o circuíto foron os Máster, que conseguían subir ao 3º posto do podio por equipos coa medalla de bronce autonómica na súa categoría, grazas á actuación de Juan Gude, Xabier Díaz e Gerardo Raposo. A nivel individual, Juan Gude convertíase no actual campión galego M45, Xabier Díaz remataba no 8º posto da mesma categoría e Gerardo Raposo facíase coa medalla de prata da carreira M55. Pero non sería o único podio para os atletas do Club, xa que Iván Veiga conquistaba o 2º posto por equipos puntuando co noso filial ADAS CUPA, na categoría M35/40.
Nas probas de menores, con participación do Club en todas as categorías, destacou o 5º posto do equipo SUB10 feminino e a actuación da categoría SUB14, que remataba entre os dez mellores de Galicia cos dous equipos, feminino e masculino. Ademais da participación dos/as atletas individuais, que desfrutaron do último circuíto de cros ata a tempada que vén e deron o mellor de si nas carreiras.