MEDALLA DE BRONCE HISTÓRICA PARA O CLUB
O domingo 14 de xaneiro vivimos un momento histórico na COPA DE GALICIA ABSOLUTA DE CLUBS que se disputou na Pista Cuberta de Ourense. Por primeira vez no Club, o equipo masculino conseguía o 3º posto absoluto por tan só medio punto, mentres o equipo feminino remataba na 6ª posición de Galicia, a só un punto do 5º posto. Na clasificación conxunta, o Lucus Caixa Rural Galega destacou como 3º mellor equipo a nivel galego, sendo a única representación da provincia de Lugo no campionato. Sen dúbida foi un comezo de tempada emocionante, non podemos estar máis orgullosos de todas e todos vós.
Moitas grazas tamén á participación dos nosos filiais Coruña Comarca, Club Atletismo Ribadeo e AD Fogar, que nos acompañaron dando o mellor de si nas probas. E aos nosos patrocinadores e colaboradores: Caixa Rural Galega, Monbus, Optipro, Leyma Natura, Río de Galicia e Cluber.