ABERTO O PRAZO PARA TRAMITAR AS LICENZAS – TEMPADA 2024

Infórmase de que está aberto o prazo do Club para tramitar as altas ou renovacións das licenzas deportivas para a TEMPADA 2024, dispoñible para atletas das categorías SUB16 a Máster (ano 2010 e anteriores), que dará comezo o vindeiro 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024.

Xa podedes realizar a alta ou renovación online desde CLUBER, a plataforma de xestión deportiva que comezamos a utilizar o ano pasado e a través da cal seguimos dixitalizando trámites como a inscrición de atletas, o cargo programado das cotas ou o pago online de material, co obxectivo de mellorar os servizos do Club e ofrecervos máis posibilidades.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN para a Tempada 2024 será o seguinte:

1.- Cubrir o formulario de inscrición online (dispoñible aquí ➤ «Inscricións») e seguir os pasos que se indican.

2.- Realizar o pago da cota anual do Club no método que prefiras:

        • Pago programado online: con tarxeta nun único pago ou fraccionado en ata tres prazos, que se cargarán nos 3/4 días seguintes na conta asociada á tarxeta. Neste caso, selecciona a opción «Tarxeta» en «Datos de pago» ao facer a inscrición no formulario web.
        • Pago directo online: con tarxeta nun único pago directamente desde ➤ aquí. Neste caso, non se programará ningún pago desde Cluber.
        • Pago presencial: en efectivo ou con tarxeta nun único pago. Neste caso, tes que achegarte ata a oficina do Club en horario de atención (podes consultalo aquí) e tramitar alí a inscrición e o pago da cota.

! En caso de atletas procedentes do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición web (ou enviar ao correo electrónico atletismolucus@yahoo.es) a tarxeta de residente e o certificado de empadroamento.

Tempada 2024

Lembrade que as ALTAS NOVAS deben cubrir e enviar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento e cesión dos datos persoais por parte da Federación, podedes facelo desde aquí. Sen este requisito, a Federación non activará a licenza deportiva.

 

[ ! ] IMPORTANTE: o prazo ordinario de renovación das licenzas para a TEMPADA 2024 será ata o 15 de decembro de 2023. Fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que poida aplicar a Federación correspondente.

 
Moitas grazas a todos/as pola confianza no Club e por formar parte do LUCUS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *