COTA REDUCIDA PARA O ÚLTIMO CUADRIMESTRE DA TEMPADA 2023

Para todas as persoas que queren unirse ao Club e practicar atletismo os últimos meses do ano, temos dispoñible unha cota reducida para o último cuadrimestre da Tempada 2023 (ata o 31 de decembro), coa vantaxe de poder adestrar e/ou competir con todas as coberturas sen ter que agardar á nova tempada. 

Esta cota reducida, válida só para atletas sen licenza en vigor, INCLÚE:

  • Licenza autonómica ata o remate da Tempada 2023 (o 31 de decembro)
  • Seguro deportivo de accidentes
  • Inscrición en campionatos autonómicos
  • Acceso ao material e instalacións do Club
  • Unha camiseta técnica de adestramento

 

En función da data de nacemento e a categoría, a cota reducida do Club é de 35€ para atletas dos 13 aos 19 anos e de 50€ para os de 20 anos en adiante, como recolle a seguinte táboa:

CATEGORÍAS COTA REDUCIDA CLUB
  • Atletas do ano 2010 *
  • Categoría SUB16 (2009-2008) 
  • Categoría SUB18 (2007-2006)
  • Categoría SUB20 (2005-2004)
35€
  • Categoría SUB23 (2003-2001)
  • Categoría SENIOR (2000-1989)
  • Categoría MÁSTER (35+ anos)
50€
* Os atletas do ano 2010 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor, aínda que ata o 31 de decembro pertencen á categoría SUB14, terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización do Club, sempre que non teñan licenza federativa por outro equipo de atletismo a presente tempada. 

 

Se queres formar parte do Club neste último cuadrimestre, só tes que seguir estes dous pasos:

  1. Realizar o pago da cota reducida do Club desde ➩ aquí.
  2. Completar o formulario de inscrición desde ➩ aquí

 

[Pago cota reducida]
[Formulario de inscrición]
[Información – Tempada 2023/24]

 

APROVEITA AS ÚLTIMAS PROBAS, EN NADA XA COMEZA A NOVA TEMPADA!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *