ÚLTIMOS DÍAS PARA CONVERTER A PORTOMARÍN NO POBO GAÑADOR – Concurso Ferrero Rocher 2022

Desde o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, e como Cabaleiros da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín, queremos ofrecer o noso apoio á candidatura do Concello de Portomarín no concurso que organiza desde hai uns anos a marca FERRERO ROCHER polas festas do Nadal.

Este concurso a nivel nacional selecciona os pobos máis excepcionais da xeografía española baixo o nome «XUNTOS BRILLAMOS MÁIS» e entre os sete pobos candidatos atópase PORTOMARÍN, que, de gañar esta edición 2022, converteríase no primeiro pobo galego escollido como vencedor.

Por iso, queremos animarvos a todos/as a que enviedes o VOTO POR PORTOMARÍN, só vos levará un minuto e será de moita axuda para convertelo no pobo gañador. O prazo da primeira fase remata o 30 de novembro de 2022.

Deixámosvos o enlace directo ás votacións na imaxe, onde só por enviar o voto entraredes nun SORTEO de 15 pirámides con bombóns Ferrero Rocher ou unha fin de semana con aloxamento e pensión completa en Portomarín (máis información aquí). 

NÓS XA VOTAMOS, FALTAS TI!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *