ABERTO O PRAZO DE ALTAS E RENOVACIÓNS – TEMPADA 2023

Infórmase de que xa está aberto o prazo para tramitar as licenzas deportivas da TEMPADA 2023 para as categorías do Club (atletas de 2009 e anteriores, de SUB16 a Máster), que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2023.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN no Club será o seguinte: [ ! ] NOVIDADE

1.- Cubrir a ficha de inscrición que atoparás aquí ➤ «Inscricións» e seguir os pasos que se indican no formulario de Cluber.

2.- Realizar o pago da cota anual do Club da forma que prefiras:

        • Pago telemático: con tarxeta nun único pago ou fraccionado en ata tres prazos, que se cargarán automaticamente na conta. Neste caso, selecciona a opción «Tarxeta» en «Datos de pago» ao facer a inscrición no formulario web.
        • Pago presencial: en efectivo ou con tarxeta nun único pago. Neste caso, tes que achegarte ata a oficina do Club en horario de atención (podes consultalo aquí) e tramitar alí a inscrición e o pago da cota.

! En caso de atletas procedentes do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición web (ou enviar ao correo electrónico atletismolucus@yahoo.es) a tarxeta de residente e o certificado de empadroamento.

Tempada 2023

Lembrade que as ALTAS NOVAS deben cubrir e enviar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación, podedes facelo desde aquí. Sen este requisito, a Federación non activará a licenza deportiva.

 

[ ! ] IMPORTANTE: o prazo ordinario para tramitar as licenzas da tempada 2023 será do 18 de novembro ata o 13 de decembro de 2022. Fóra dese período, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que poida aplicar a Federación correspondente.

 
Moitas grazas a todos/as por confiar en nós e sumarvos á familia LUCUS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *