INSCRICIÓNS ABERTAS PARA A ESCOLA DE ATLETISMO – TEMPADA 2022/23
Comeza o mes de setembro e, con el, xa está ABERTA A INSCRICIÓN para anotarse á Escola de Atletismo unha nova tempada. Estamos traballando para ultimar todos os detalles da Tempada 2022/23 e poder comezar os adestramentos a mediados de setembro nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Esta nova tempada trae algunhas novidades respecto á xestión deportiva do Club, que se realizará principalmente a través da plataforma CLUBER, unha aplicación que podedes utilizar desde a web ou desde a app descargable en calquera dispositivo móbil e que ten como finalidade facilitar a relación entre o Club, atletas e familias dun xeito moi intuitivo. Entre elas destacan:
- Novo formulario de inscrición online para a Escola de Atletismo.
- Novo método de pago das cotas da Escola, que este ano modifícanse cunha matrícula inicial e pagos mensuais dos adestramentos.
- Novo formulario de reserva e compra online da equipación obrigatoria da Escola.
Os grupos provisionais de adestramento serán os seguintes, en función da categoría dos/as atletas:
- Categorías SUB8 (2017-2016) e SUB10 (2015-2014): a escoller 2 días/semana.
- Martes, mércores e venres de 17:00 a 18:00 horas.
- Categoría SUB12 (2013-2012): a escoller 2 días/semana.
- Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.
- Categoría SUB14 (2011-2010): 3 días/semana.
- Martes, mércores e venres de 18:00 a 19:30 horas.
Se tedes máis dúbidas, podedes consultar toda a información actualizada no apartado «Escola de Atletismo» da nosa web, facendo clic no botón de abaixo. Calquera outra dúbida ou pregunta que teñades, quedamos á vosa disposición no correo electrónico ou o teléfono de contacto do Club, onde vos responderemos o antes posible.