NOVO SERVIZO DE SAÚDE E RENDEMENTO DA MAN DE DOSIPG

Así é, esta tempada incorporouse ao Lucus Caixa Rural Galega o fisioterapeuta Dositeo Pena Gómez que, ademais de fichar como atleta máster, porá a disposición dos/as atletas e persoal do Club os seus servizos médicos, cunha ampla actividade e experiencia no eido deportivo.

© Páxina web www.dosipg.eu

 

Titulado en fisioterapia, especialista en fisioterapia deportiva, osteópata e terapeuta en psiconeuroinmunoloxía, conta cun amplo percorrido no coidado de deportistas de alto nivel en equipos nacionais de fútbol sala, baloncesto e atletismo, sendo na actualidade un dos fisioterapeutas dos servizos médicos da Real Federación Española de Atletismo

 

Entre os tratamentos de saúde e rendemento que ofrece, podedes atopar:

  • Fisioterapia: tratamento de lesións deportivas, lesións locais, masaxe, etc.
  • Osteopatía: tratamento de lesións en máis dunha zona do corpo, dor de costas, etc.
  • Psiconeuroinmunoloxía clínica (PNI): optimización do rendemento, déficit de enerxía, enfermidades crónicas, etc.
  • Asesoramento en problemas de saúde.

 

Ademais, todos e todas as atletas do Lucus Caixa Rural Galega teredes unha bonificación do 25% de desconto en catro sesións, sendo a cuarta sesión gratuíta por acudir desde o Club.

 

Deixámosvos os seus datos de contacto para que poidades informarvos con máis detalle e resolver calquera dúbida que teñades. 

Dositeo Pena Gómez – «Dosi» 

Fisioterapeuta. Nº colexiado 153. Galicia

Tlf. 679 44 99 45

E-mail: SR@dosipg.eu

Páxina web: www.dosipg.eu 

 
BENVIDO AO CLUB, DOSI!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *