RESULTADOS DAS ÚLTIMAS COMPETICIÓNS (5 e 6 febreiro 2022)
Esta fin de semana tivemos numerosa participación de atletas nas distintas probas celebradas en Lugo, Pontevedra e A Pobra do Caramiñal.
O sábado celebrábase unha nova xornada da Copa Deputación de Lugo, na que competiron atletas nas probas de 60 metros lisos, 200 ml, lanzamento de peso e os saltos de lonxitude, altura e triplo, sendo moitos deles finalistas das respectivas probas e acadando posición que poderían ter dado lugar a podio.
Probas módulo cuberto |
Probas aire libre |
Por outra parte, Pontevedra acollía o Campionato de Galicia Absoluto de Lanzamentos Longos, contando coa participación de atletas nas probas de disco (Iván Rey e Raúl Álvarez), martelo (Raúl e María Quiroga) e xavelina (Oliver Vázquez e Uxía Sureda, cun 3º posto absoluto para esta última).
Xa no domingo, tería lugar o Campionato de Galicia de Campo a Través para as categorías SUB16, SUB18 e Máster. Nesta última participaron Xabier Díaz (4º posto en maiores de 45) e Carmen Novo (vencedora na categoría F60). Nas carreiras SUB16 estiveron presentes as atletas Eva Rouco, Noa Abelleira, Ilse Prado, María Mourelle e Jimena Gallardo, na que destacou a 5ª posición de Eva. Na mesma proba da categoría masculina competiron Teo de Frutos e Luis Novo, destacando a medalla de bronce de Teo, que subiu ao 3º lugar do podio. En SUB18 feminina, o Club tivo a representación de Carla Díaz, Estela Díaz e Paula Castro, ocupando todas elas postos moi próximos aos de finalista. Por último, na proba SUB18 masculina, competía en solitario Rubén Darriba, ao non poder estar presentes finalmente Ángel Herrero e Iván Rego.
Categorías SUB16 e SUB18 |
Categoría Máster |