CAMPIÓNS GALEGOS DE CAMPO A TRAVÉS CUNHA LEMBRANZA MOI ESPECIAL
O pasado domingo 7 de novembro tivo lugar en Pontevedra o CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS, unha competición que acolleu as carreiras para as categorías SUB16 a Absoluta e por relevos mixto desta especialidade atlética.
Sen dúbida foi unha xornada de mañá moi emotiva e chea de éxitos para o Club, onde o equipo absoluto formado por Esteban Iglesia, Laura Santos, Xabier Rodríguez e Lucía Varela conseguía rematar a proba de relevos nun tempo de 18:09, converténdose nos actuais campións galegos e adicando o logro ao seu adestrador Mariano Castiñeira, nunha data especial na que se cumpre un ano desde a súa perda.
©Imaxes propias e tomadas pola organización da proba.
Tamén destacados foron os resultados nas demais carreiras. Na categoría SUB16, Teo de Frutos conseguiu o título de subcampión galego tras rematar nun rexistro de 8:53 minutos, seguido polos compañeiros de adestramento Ángel Herrero, que rematou cun tempo de 9:33 e Javier Blanco, que cruzaba a meta nos 10:25. Na carreira feminina, Estela Díaz remataba na sexta posición, detendo o crono nos 9:03 minutos. Xa na categoría SUB18, destacou a carreira de Iván Rego, que pechou a competición co cuarto posto e un tempo de 11:41, seguido por Rubén Darriba, que cruzaba a meta nos 13:34 minutos. Pola súa parte, Carla Díaz detía o crono nos 11:03, cruzando a meta da proba feminina entre as dez mellores de Galicia.
Tedes máis imaxes da xornada en RunPhotos Galicia.