ABERTA A INSCRICIÓN PARA A ESCOLA DE ATLETISMO – TEMPADA 2021/22

Coa volta ao cole a semana pasada e o regreso á rutina, volve tamén a nosa Escola de Atletismo unha tempada máis, con algúns cambios de días, horas e organización dos grupos. Xa estamos ultimando todos os detalles para dar comezo a esta nova Tempada 2021/22, que comezará este venres 17 de setembro cos primeiros adestramentos nas pistas de atletismo Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Aínda que seguimos traballando para poder adestrar cumprindo coas medidas sanitarias, decidimos recuperar a organización por grupos segundo a categoría –previa á pandemia–, mentres a situación sanitaria así o permita. Deste xeito, os días e horas de adestramento para cada grupo de idade serán os seguintes:

  • Categorías SUB8 (2016-2015) e SUB10 (2014-2013): ata 2 días/semana.
    • Martes e venres de 17:00 a 18:00 horas.
  • Categoría SUB12 (2012 e 2011): ata 2 días/semana.
    • Martes e venres de 18:15 a 19:30 horas.
  • Categoría SUB14 (2010 e 2009): ata 3 días/semana.
    • Martes, xoves e venres de 18:15 a 19:30 horas.

 

Durante este mes de setembro temos xa aberta a inscrición, soamente tedes que enviarnos a vosa ficha de inscrición e a declaración responsable COVID-19 á dirección de correo electrónico escolalucus@gmail.com, asegurando a vosa praza nesta nova tempada. Se é a vosa primeira vez con nós, non vos preocupedes, podedes vir probar á nosa Escola de Atletismo un par de sesións sen compromiso. Tedes acceso directo aos impresos nos seguintes enlaces, así como ao protocolo COVID, de obrigado cumprimento para todas as persoas vinculadas á actividade da nosa Escola.

 

Podedes atopar máis información no apartado «Escola de Atletismo» da nosa web, facendo clic no botón de abaixo. Calquera dúbida ou pregunta que teñades, podedes contactarnos por e-mail, estaremos á vosa disposición.

AGARDÁMOSVOS CON ILUSIÓN E #RESPONSABILIDADE, VÉMONOS!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *