
Ata sempre, Palelas.

Hoxe deixounos unha das grandes figuras do atletismo galego e lucense, o noso amigo José Manuel Rodríguez «Palelas», que fora Delegado na provincia e Vicepresidente 1º da Federación Galega de Atletismo.
Sen dúbida, unha perda irreparable polo seu traballo, compromiso e dedicación en favor do atletismo, fomentando este deporte na nosa localidade e a nivel autonómico.
Desde o Club Atletismo Lucus rendémoslle a nosa sentida homenaxe e trasladamos un abrazo de cariño á súa familia.
Descansa en paz, Palelas.

