ESTEBAN IGLESIA E LAURA SANTOS COA SELECCIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS

Esta semana coñecíase a lista definitiva cos/as atletas que formarán parte da Selección Galega no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, que finalmente se disputará en Getafe o vindeiro domingo 28 de febreiro e no que tomarán parte as categorías SUB20, SUB23 e Absoluta.

Será nesta última na que sumarán esforzos os nosos atletas do sector de fondo, Esteban Iglesia Vila e Laura Santos Domínguez, nunha carreira de 10.000 metros que poderedes seguir a partir das 14:45 horas en directo. Na categoría masculina, Esteban defenderá o seu mellor rexistro de 30:51.37, mentres que na feminina será Laura a que persiga a súa mellor marca. Deixámosvos o regulamento e o enlace para que poidades seguir os resultados.

 

MOITO ÉXITO ESTA FIN DE SEMANA, FONDISTAS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *