COVID-19 | MEDIDAS PARA A PRÁCTICA DEPORTIVA FEDERADA

! Pódese adestrar en grupos reducidos?

! É obrigatorio o uso da máscara durante o adestramento? 

! Se vivo fóra de Lugo, podo desprazarme para adestrar?

! E se quero competir fóra de Galicia, podería ir ou existen restricións?

Se ti tamén tes estas e outras dúbidas relacionadas co atletismo, estás de sorte! Porque acabamos de elaborar unha guía completa e actualizada na que se recolle toda a información relativa á práctica de actividade deportiva federada. Restriccións xerais para Galicia, uso da máscara, mobilidade entre concellos, uso de instalacións deportivas, competicións, etc.

Unha páxina á que poderás acceder sempre que o necesites para consultar as últimas medidas que se adopten no contexto deportivo, actualizada segundo as publicacións do Diario Oficial de Galicia con todas as restriccións que afecten ao atletismo no Concello de Lugo. Mentres a situación actual estea suxeita a constantes modificacións, intentaremos mantervos coa última actualización posible.

Podes acceder desde o seguinte enlace:

 

Non somos perfectos, así que se atopas algún erro ou pensas que deberiamos engadir calquera outro dato, fáinolo saber a través do e-mail atletismolucus@yahoo.es e modificarémolo na maior brevidade posible.

Moitas grazas pola vosa colaboración, agardamos sexa de utilidade para vós! 

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *