NOVO COMUNICADO – SUSPENSIÓN TEMPORAL ESCOLA DE ATLETISMO

COMUNICADO OFICIAL

 

Despois de revisar as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para a Comunidade Autónoma de Galicia, así como as restricións específicas que se aplican para o concello de Lugo e outros ámbitos territoriais (recollidas no Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, e na Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020), e tras a modificación no punto 6 do Anexo III da citada orde no relativo á práctica da actividade física e deportiva federada e non federada, no que se indica que “poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno”; o CLUB ATLETISMO LUCUS, como medida de prevención e responsabilidade ante o contexto da actual situación sanitaria, COMUNICA:

 

 

  • A SUSPENSIÓN TEMPORAL DOS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA DE ATLETISMO desde hoxe xoves 21 de xaneiro –incluído– e ata novo aviso, para as categorías SUB8, SUB10, SUB12 e SUB14.

 

 

Nos últimos días tratamos de estudar diversas alternativas co fin de evitar a suspensión temporal da Escola de Atletismo (subdividir os grupos, establecer quendas semanais, modificar os horarios, etc.), pero ningunha delas nos permitía continuar coa nosa actividade ofrecendo un servizo de calidade e sen que ningunha familia se vise afectada polas medidas organizativas que tiveramos que adoptar, situación que nos parecía inxusta e que finalmente nos levou a tomar esta decisión. Confiamos en que esta suspensión sexa o máis breve posible e que podamos retomar os adestramentos coa mesma seguridade e ilusión. Sentimos profundamente as molestias que isto poida ocasionar e volvemos agradecer a vosa comprensión e confianza en nós.

 

Calquera outra novidade será informada a través dos medios de comunicación do Club.

 

 

XUNTA DIRECTIVA

LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

 

Lugo, 21 de xaneiro de 2021

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *