DÍA MUNDIAL DO ATLETISMO – 14 de maio
Hoxe 14 de maio conmemórase o Día Mundial do Atletismo co obxectivo de achegar esta modalidade deportiva á poboación, ademais de impulsar o seu coñecemento e práctica entre as persoas de todas as idades e poñer en valor o esforzo e os logros de todas e todos os atletas que se dedican a esta disciplina.
Aínda que esta tempada 2020 estase a facer máis curta do que nos gustaría, queremos celebrar este día lembrando diversos momentos que nos fixeron disfrutar neste o noso Club, como os primeiros días da Escola de Atletismo alá por outubro, a ilusión e loita que amosaron os equipos feminino e masculino na Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta ou a última das imaxes colectivas que deixamos rexistrada, cando acudimos ao Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta e disfrutamos dunha experiencia máis que enriquecedora para atletas, adestradores e familias.
Botámosvos moito de menos e estamos desexando volver á normalidade para seguir sumando momentos como estes. Mentres tanto, por favor coidádevos e protexede aos demais!