LICENZAS DIXITAIS PARA OS/AS ATLETAS FEDERADOS/AS

A Federación Galega de Atletismo anunciaba hai uns días o envío telemático da nova licenza dixital aos atletas e ás atletas federadas nesta disciplina, para o cal deben ter actualizada a fotografía e o enderezo electrónico na web. Esta medida da FGA pretende así adaptarse ás novas recomendacións das autoridades sanitarias nesta crise polo COVID-19, que pouco a pouco vai levantando algunhas das restriccións establecidas co fin de volver timidamente á «normalidade». 

Desde que o 2 de maio xa se permitisen os paseos e saír a correr, co inicio da Fase 0 este pasado luns os/as atletas federados/as poden comezar a adestrar individualmente ata dúas veces ao día, dentro das franxas horarias permitidas, e sempre de xeito moderado, progresivo e responsable, mantendo as medidas preventivas de seguridade e hixiene.

Aínda que, polo de agora, seguimos lonxe de recuperar a vida e rutina anteriores á declaración do estado de alarma, cada día que pasa estamos un paso máis preto. Non temos dúbida de que, coa responsabilidade de todas e todos nós, superaremos tamén xuntos/as este obstáculo.

#Responsabilidade

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *