CONTINÚA A TEMPADA DE CAMPO A TRAVÉS (domingo 2 febreiro)

Seguimos disputando as competicións de campo a través nunha fin de semana protagonizada polas categorías menores e atletas máster, que este domingo 2 febreiro celebrarán os seus campionatos provincial e autonómico, respectivamente.

O primeiro deles será no Circuíto A Madalena en Vilalba (Lugo), onde terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE para atletas de SUB10 a SUB16, logo dos resultados obtidos na fase previa na que conseguiron clasificarse un total de trinta atletas, con equipos en todas as categorías femininas, un equipo na SUB14 masculina e atletas individuais nas SUB10, SUB12 e SUB16 masculinas. Deixámosvos o circuíto e horario das carreiras a continuación, nunha xornada que dará comezo ás 11:30 horas e rematará arredor do mediodía.

CIRCUÍTO

Circuíto A Madalena, Vilalba.

 

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:30 SUB10/BENX FEM 1.000m 1 Volta Grande
11:40 MASC
11:50 SUB12/ALEV FEM 1.500m Saída – 2 Voltas Pequenas – Meta
12:05 MASC
12:20 SUB14/INF FEM 2.000m 2 Voltas Grandes
12:35 MASC
12:50 SUB16/CAD FEM 2.500m Saída – 2 Voltas Pequenas – Meta – 1 Volta Grande
13:10 MASC
VOLTA PEQUENA: A – B – C – D – E – A

VOLTA GRANDE: Saída – Volta Pequena – Meta

 

O traslado ata Vilalba será en autobús desde Lugo (ás 9:30 horas diante do IES Lucus Augusti, antigo Masculino), tomarán alí un bocadillo que proporciona a organización e a volta está prevista ao remate das premiacións, despois das carreiras. PRÉGASE ACUDIR 10 MINUTOS ANTES para respectar a hora de saída do transporte e chegada en tempo á competición.

 

! Lembrade, coma sempre, os seguintes aspectos importantes:

  • En caso de non acudir á competición ou non desprazarse en autobús, avisa canto antes a calquera dos/as responsables do Club para que o teña en conta.
  • Trae imperdibles para colocar o dorsal, un documento que acredite a túa identidade, zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Viste a equipación de competir do Club ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria da Escola (camiseta a suadoiro).
  • Disfruta moito da xornada e da competición en equipo!

 

Podedes consultar os resultados obtidos nas fases anteriores desde os seguintes enlaces:

Fase Preparatoria (1 decembro 2019)

Fase Clasificatoria (19 xaneiro 2020)


De xeito paralelo, na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, os/as atletas veteráns do Lucus Caixa Rural Galega disputarán o seu CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS, ata onde se desprazarán un total de cinco atletas para loitar polos títulos individuais e por equipos.

Será tamén na xornada de domingo a partir das 11:30 horas, en horario único de mañá que rematará coa cerimonia de premiación. Na categoría feminina, Carmen Novo estará representando ao equipo na carreira dos 5.500 metros; mentres que na masculina estará presente o equipo formado por Xabier Díaz, Emilio Gontá, Juan Gude e Gerardo Raposo, que participarán ademais nas distintas categorías individuais da mesma distancia.

Tedes toda a información relativa ao Campionato a continuación, onde podedes consultar o circuíto e o regulamento da proba.

A DAR O MELLOR DE VÓS, EQUIPOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *