COMPETICIÓNS ESCOLARES FIN DE SEMANA (18 e 19 xaneiro, Lugo)
Fin de semana completo o que terán os/as atletas da nosa Escola de Atletismo, no que poderán disputar probas de pista cuberta, aire libre e campo a través nas mañás do sábado 18 de xaneiro e o domingo 19, ambos na capital lucense.
Mañá sábado será a partir das 10:15 horas nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, coa I XORNADA DA COPA DEPUTACIÓN DE LUGO para as categorías de SUB10 a SUB14. Deixámosvos o horario definitivo logo das modificacións e diversos enlaces de interese onde podedes consultar as probas que fará cada atleta, o regulamento e os resultados en directo, tanto de pista cuberta cos distintos concursos como de aire libre, coas carreiras de 500 metros lisos.
HORARIO DEFINITIVO
Pista cuberta (concursos) |
Aire libre (500 m. l.) |
O domingo será a quenda para a especialidade de cross, coa fase CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE que se disputará no Pazo de Feiras e Exposicións, tamén en Lugo. Será a partir das 11:00 horas e poderán tomar parte as categorías desde SUB10 ata SUB16, nunha xornada previa aos Campionatos Provincial e Galego. Deixámosvos o circuíto e os horarios das carreiras a continuación e lembrade que, nesta segunda fase, haberá clasificación individual e por equipos, con asistencia obrigatoria á recollida de medallas.
CIRCUÍTO
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIA | PERCORRIDO | |
11:00 | SUB10/BENX | FEM | 600m | A-D-F-B-C |
11:05 | MASC | |||
11:15 | SUB12/ALEV | FEM | 1.000m | A-D-E-F-G-B-C |
11:30 | MASC | 1.200m | (A-B-C)-(A-D-E-F-B) | |
11:45 | SUB14/INF | FEM | ||
12:00 | MASC | 1.600m | (A-D-F-B-C)-(A-D-E-F-G-B-C) | |
12:15 | SUB16/CAD | FEM | ||
12:30 | MASC | 3.500m | (A-D-E-F-B)-3(A-D-E-F-G-B-C) |
LEMBRADE !
- Acudir, como mínimo, 50 minutos antes da hora da túa proba, cun documento que acredite a túa identidade.
- Traer imperdibles para colocar o dorsal, ademais das zapatillas de cravos (se as tes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
- Vestir a equipación de competir da Escola ou, no seu defecto, a roupa de adestramento obrigatoria (camiseta e suadoiro).
- Disfrutar da fin de semana co equipo e divertirse!