COMPETICIÓNS DE CAMPO A TRAVÉS (domingo 1 decembro, Portomarín)

O domingo 1 de decembro será a quenda da especialidade de campo a través, onde nos desprazaremos ata Castromaior (a 10 minutos de Portomarín, Lugo) para disputar a PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE para as categorías menores, o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS e o I CROSS DE PORTOMARÍN – TROFEO VERXEL, nunha xornada do máis completa que reúne a atletas das distintas categorías nesta modalidade deportiva, baixo a organización do noso equipo filial Club Verxel Nutrición Deportiva.


PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS – XOGADE

— Atletas desde 2012 a 2005 —

Serán as primeiras carreiras da xornada e participarán atletas das categorías SUB10 ata SUB16. O traslado será en autobús cos/as respectivos monitores/as, con saída ás 9:30 horas diante do IES Lucus Augusti de Lugo (o antigo Masculino). Para garantir a puntualidade na saída e chegada, prégase acudir 10 MINUTOS ANTES para a subida ao transporte e organización das prazas. 

! Lembrade ademais levar o documento de identidade, imperdibles para colocar o dorsal, zapatillas de cravos (se as tedes) e roupa de cambio, en caso de que a meteoroloxía non acompañe.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA PERCORRIDO
11:00 SUB10 / Benx. Feminina 500 metros VOLTA A
11:05 Masculina
11:15 SUB12 / Alev. Feminina 800 metros VOLTA B
11:30 Masculina 1.000 metros VOLTA C
11:45 SUB14 / Inf. Feminina
12:00 Masculina 1.200 metros VOLTAS A+B
12:15 SUB16 / Cad. Feminina
12:30 Masculina 2.500 metros VOLTAS C+D

Podedes consultar os horarios e percorridos no enlace posterior.


CTO. PROVINCIAL CROSS – TROFEO VERXEL

— Atletas desde 2004 a Máster —

Sobre o mediodía serán as demais categorías as que tomen parte na competición, nunha carreira absoluta de 4.500 metros nas que poderán competir atletas desde 2004 ata Máster, tanto federados/as como populares. Ás 12:50 horas sairán os/as participantes, que percorrerán tres voltas ao circuíto e, ao seu remate, poñerase fin á xornada coa entrega de premios, na que se loitarán os tres primeiros postos da carreira feminina e masculina absoluta e os tres primeiros postos de cada categoría, tanto feminina como masculina. 

HORARIO DEFINITIVO

HORA PROBA DISTANCIA PERCORRIDO
12:50 Carreira mixta 4.500 metros 3 VOLTAS D

Tedes máis información de interese no regulamento da competición.


VÉMONOS EN PORTOMARÍN, ANIMÁDEVOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *