CAMPIONATO DE GALICIA SUB10 e SUB12 – AIRE LIBRE (sábado 1 xuño, Lugo)

Este sábado será o gran día para as categorías SUB10 e SUB12 da nosa Escola de Atletismo, pois dispútase o seu CAMPIONATO DE GALICIA EN AIRE LIBRE nas pistas de atletismo locais do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo, que marca o remate da tempada de competición.

Será en xornada única de mañá, a partir das 10:00 horas, e rematará cos emocionantísimos relevos arredor das 14h. Nas distintas carreiras e concursos participarán as 16 mellores marcas do territorio autonómico, nas que os/as atletas terán a oportunidade de experimentar a sensación dunha competición de maior nivel no que amosar todo o traballo e esforzo realizados día a día nos adestramentos. Tedes a continuación o horario coas probas e, se queredes saber máis sobre o Campionato, non esquezades revisar os enlaces posteriores e seguir os resultados en directo!

HORARIO

 

LEMBRA OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da primeira proba para recoller o dorsal, realizar o quecemento previo e presentarse en cámara de chamadas.
  • Traer o documento persoal de identidade, imperdibles para colocar o dorsal e zapatillas de cravos (en caso de precisalas).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Disfrutar da xornada competitiva con deportividade.
NORABOA A TODAS E TODOS, VÉMONOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *