CAMPIÓNS DE ESPAÑA E DE GALICIA DE MEDIA MARATÓN!! (sábado 25 maio, A Coruña)
Eses foron os títulos cos que conseguiron alzarse os atletas desprazados ata a localidade coruñesa para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER e o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE MEDIA MARATÓN, nun percorrido conxunto de 21km que daba saída en Ortigueira e situaría a liña de meta no Concello de Cariño.
Nela tomaron parte, como non podía ser doutro xeito, atletas destacados do Lucus Caixa Rural Galega na especialidade de fondo, que loitaron neste duro circuíto por converterse nos actuais campións autonómicos e nacionais da proba. E así foi, pois Juan Gude Vila logrou coroarse co título de campión de España Máster na súa categoría e medalla de prata na carreira absoluta, cun excelente rexistro de 1:12.28. Rozando o podio estaría José Luis Merodio Vázquez, quen cos seus 1:33.29 conseguiu manterse na cuarta posición por categoría nesta carreira a nivel nacional e, xa por último aínda que non menos importante, Daniel Pérez Murado revalidaría o título anterior de campión galego na categoría SUB23, facéndose un ano máis coa medalla de ouro e rexistrando 1:16.06 no cronómetro. Tedes os resultados completos nos enlaces posteriores!
CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER | CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO |
Galería completa de imaxes do Campionato, propiedade de ©Fotocarlosgrafías.