CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 e SUB18 AIRE LIBRE (sábado 25 maio, Vigo)

Esta fin de semana estará protagonizada polas diferentes competicións que terán lugar nas localidades galegas, desde as categorías menores, a especialidade de fondo ou os campionatos autonómicos de aire libre para os/as atletas SUB16 e SUB18, que están disputando ao longo do día de hoxe o seu CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 e SUB18 nas pistas de atletismo de Balaídos, en Vigo.

Ata alí desprazáronse máis dunha decena de atletas para representar ao Lucus Caixa Rural Galega e loitar polo título autonómico nas distintas probas, nunha oportunidade única de amosar o traballo realizado desde o comezo de tempada ata agora. Comezando pola representación SUB16, debutarán os xovencísimos Rubén Darriba nos 3.000 metros lisos e Martín Rouco nos lanzamentos de disco e martelo, no seu primeiro ano nesta nova categoría. A mesma situación na que se atopan a meirande parte das rapazas, sendo Sara Álvarez (300 m.l.), Ana Ben (600 m.l.), Carla Díaz (1.500 obstáculos) e Eva Díaz (300 m.v. e triplo salto) as que fagan o seu nas probas femininas, ademais das lanzadoras Sabela Sureda (peso) e Demekech Vázquez (xavelina) e a atleta de segundo ano Mariña Peixoto, que participará nos 3.000 metros lisos e marcha.

Na categoría SUB18, por outra banda, participarán nas carreiras Brenda Lence (100 metros lisos e 200 m.l.) e Iria Brea (400 metros valados); mentres que Diego Piñeiro (triplo salto), Raquel López (pértega) e Carla Mourelle (salto de lonxitude) serán os protagonistas nos concursos, partindo das primeiras posicións na lista de inscricións e con moitas posibilidades de ascender ao podio. Tedes toda a información relativa ao campionato autonómico nos enlaces posteriores.

MOITO ÉXITO, ATLETAS, VÓS PODEDES!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *