CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA – XOGADE (domingo 26 maio, Lugo)

Este domingo 26 de maio, ademais da data coas urnas, tedes outra cita nas pistas de atletismo lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera, pois disputarase –en xornada de mañá e de tarde– o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA de XOGADE, como resultado das catro clasificatorias previas que tiveron lugar nesta tempada ao aire libre; dúas para as categorías SUB10 e SUB12 e outras dúas para as SUB14 e SUB16.

Nesta competición provincial, que precede ao galego absoluto das categorías menores, tomarán parte as 16 mellores marcas das categorías SUB10, SUB12 e SUB14 en cada proba, ás que se engaden o triathlon e o tetrathlon; para as dúas primeras e a última, respectivamente. Pois ben, tedes a continuación o horario das probas e a lista cos e coas atletas clasificadas en cada unha delas, destacadas en amarelo. Nos vindeiros adestramentos, o equipo de monitores/as informará aos/ás atletas das probas que farán e a hora das mesmas.

Atletas clasificados/as

IMPORTANTE! Se aínda non confirmastes a vosa participación, tedes ata hoxe para facelo desde ➤aquí. Calquera dúbida ou suxestión que teñades, podedes contactarnos por calquera dos medios dispoñibles.

 

NON ESQUEZADES OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES DE CARA Á COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da primeira proba para recoller o dorsal e realizar o quecemento previo.
  • Traer o documento persoal de identidade, imperdibles para colocar o dorsal, zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Disfrutar da xornada competitiva con deportividade.
MOITO ÉXITO A TODOS/AS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *