CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS SUB10, SUB12 e SUB14 (venres 17 maio, O Barco)

Mañá venres 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, as categorías menores da nosa Escola de Atletismo desprazaranse ata O Barco de Valdeorras para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS SUB10, SUB12 e SUB14, na que o Lucus Caixa Rural Galega participará cos seus equipos SUB12 e SUB14.

Na xornada de mañá, a partir das 10:30 horas, serán os equipos feminino e masculino da categoría SUB12 os que loiten nas distintas probas atléticas, sumando puntos cun obxectivo común e facendo deste deporte individual un disfrute colectivo. Xa pola tarde, desde as 16:30 h. reanudarase a competición e será a quenda da categoría SUB14, onde os nosos equipos feminino e masculino darán o mellor de si por situarse nos primeiros postos e optar aos respectivos títulos autonómicos. Tedes a continuación o horario da xornada, así como as probas que se disputarán e demais información de interese, como a plan de viaxe, a representación do Club ou os resultados en directo.

HORARIO DEFINITIVO

CATEGORÍA SUB12 (2009-2008)
CATEGORÍA SUB14 (2007-2006)

En canto aos desprazamentos, están organizados do seguinte xeito:

  • Categoría SUB12: sairá un autobús ás 8:00 horas desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. A comida será alí preto das pistas co equipo e voltarase ao remate da competición, arredor das 21:30/22horas (avisarase polo grupo con máis detalle).
  • Categoría SUB14: sairá un autobús ás 14:00 horas desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. A volta será conxunta ao remate da competición, arredor das 21:30/22 horas.
  • IMPORTANTE: na subida ao transporte deberedes abonar 5€/persoa en concepto de gastos para a viaxe. Para garantir a puntualidade nas probas, ROGAMOS ACUDIR 10 MINUTOS ANTES da hora de saída, co fin de partir e chegar ás horas previstas.

Coma noutras ocasións, LEMBRA!

  • Levar contigo o documento nacional de identidade, ou equivalente.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal, ademais das zapatillas de cravos (se as tes).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Informar na maior brevidade posible a calquera dos/as responsables da Escola ante calquera imprevisto.
AGARDAMOS O VOSO APOIO AOS DISTINTOS EQUIPOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *